El Coloso
Aparencia
El Coloso, pintado entre 1808 e 1812, é un cadro tradicionalmente atribuído a Francisco de Goya no que un xigante de tamaño colosal se ergue por tras duns montes, que lle ocultan as pernas até as coxas, ocupando a figura o centro da imaxe, estando arrodeada de nubes e cos puños en alto. O terzo inferior do lenzo ocúpao un sombrío val onde unha multitude de xente e gando se dispersa caoticamente en todas direccións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de El coloso Arquivado 14 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)