El Ciudadano (Lugo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Ciudadano
LocalidadeLugo
editar datos en Wikidata ]

El Ciudadano foi un semanario publicado en Lugo en 1889.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Periódico político-literario, apareceu o 3 de novembro de 1889. Dirixido por Manuel Castro López, membro do comité federalista de Lugo. Ideoloxicamente era republicano federalista partidario de Pi y Margall.[1] Entre os seus colaboradores figurou Manuel Mosquera Lequerica. Debido á forte censura eclesiástica á que se viu sometido (foi prohibida a súa lectura por decreto do bispo de Lugo ao pouco de aparecer),[2] cesou nese mesmo mes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Galicia, 4-11-1889, p. 2
  2. El Lucense, 11-11-1889, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]