El Censor (Betanzos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Censor
LocalidadeBetanzos
editar datos en Wikidata ]

El Censor foi un periódico editado en Betanzos entre 1883 e 1884.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico semanal de intereses materiales, noticias y anuncios, apareceu en outubro de 1883. Semanario liberal. Foi dirixido por Roque Ponte Peña ata 1884, e despois por Severo Ares Mancera. Na redacción figuraban Manuel Martínez Teijeiro, Justo Contas Illá e Manuel Vaamonde Ponte. Colaboraron Fernando García Acuña, Constantino Ares e Manuel Martínez Santiso, que publicou os primeiros capítulos da súa Historia de Betanzos. Incluía as seccións “Notas” e “Variedades”, e artigos sobre música, teatro, literatura en castelán e poemas en galego. Máis exemplos de produción literaria son “Charada” e os apartados “Dimes y Diretes” e “Recortes”, nos que se critican ironicamente, comportamentos típicos da época. Cesou a súa edición en febreiro de 1884.

O seu director Roque Ponte Peña editou en 1886 o periódico La Libertad.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]