Saltar ao contido

Roque Ponte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Roque Ponte Peña»)
Modelo:BiografíaRoque Ponte
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1859 Editar o valor en Wikidata
Bergondo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1923 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, empresario Editar o valor en Wikidata

Roque Paulino Ponte Peña, nado en Bergondo o 22 de xuño de 1859 e finado en Madrid en 1923, foi un xornalista e empresario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela, aiínda que non rematou a carreira. Foi profesor no Colexio-Instituo de Betanzos. Afecionado ao teatro, foi promotor de espectáculos teatrais en Betanzos. Dirixiu El Censor e La Libertad de Betanzos e colaborou en Las Riberas del Mendo, El Progreso e El Mendo, onde publicou en folletín "Historia del Imperial Monasterio de Monfero". En 1891 foi elixido presidente da Tertulia-Circo de Betanzos[1] e en 1913 presidente da Sociedad Oceanográfica da Coruña.[2] Foi contratista de obras.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1885 con Sofía Gutiérrez del Arroyo Cebreiro.[3]

  1. El Regional, 19-4-1891, p. 3.
  2. Diario de Galicia, 14-1-1913, p. 2.
  3. Diario de Avisos de La Coruña, 30-6-1885, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]