El Cantaclaro
El Cantaclaro | |
---|---|
Localidade | Monforte de Lemos |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Cantaclaro foi un semanario editado en Monforte de Lemos en 1900.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario literario, defensor de los intereses generales, apareceu en marzo de 1900.[1]. Imprimíase en Ourense e na súa cabeceira aparecían as frases: "Orense no tiene caciques y los desvelos y laboriosidad de sus gobernantes la hacen ser una ciudad grande y florecinete" e "El caciquismo ignorante es el culpable de nuestras desgracias y sinsabores". Dirixido por Ramón Plasencia Ruibal. Entre os seus colaboradores figuraron Juan Nuevo López e Ramón Fernández Mato. Foi un periódico combativo contra o caciquismo, polo que o seu director foi ameazado e perseguido. Contén noticias locais e colaboracións. Mostrouse partidario da Unión Nacional. Cesou a súa publicación en outubro dese mesmo ano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. pp. 42–43. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 210–212. ISBN 84-8192-110-6.