Elías Arias Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElías Arias Parga
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Rábade, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 1985 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFernando Arias Rodríguez Editar o valor em Wikidata
IrmánsFernando Arias Parga Editar o valor em Wikidata

Elías Jesús Arias Parga, nado en Rábade en 1913 e finado en México o 6 de abril de 1985, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Fernando Arias Rodríguez e de Celia Parga. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1936.[1] Foi secretario xeral de Izquierda Republicana de Santiago de Compostela. En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela.[2] Durante a Guerra Civil foi comisario político do exército leal,[3] e pertenceu á sección de información do Estado Maior Central. Exiliouse en México. Saíu de Pauillac a bordo do Ipanema rumbo a Veracruz en xullo de 1939. Sancionado polo tribunal de responsabilidades políticas con seis anos de inhabilitación especial para cargos públicos e o pago de cincocentas pesetas en febreiro de 1941.[4] En México asinou o manifesto "A la emigración republicana española y a los republicanos gallegos" xunto cos galegos de Izquierda Republicana Laureano Poza Juncal, Jesús Bernárdez Gómez e Ramón Padín, no folleto "Conducta seguida a causa de la representación gallega en el Gobierno".[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Apuntes de Teoría General del Estado, Escuela de Jurisprudencia de Campeche, 1944.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en México con Adda Cárdenas Méndez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 11-7-1936, p. 8.
  2. El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 9.
  3. "República. Comisarios políticos GCE, Listados". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2021. Consultado o 03 de agosto de 2021. 
  4. BOE, 22-4-1941.
  5. Sixirei Paredes, Carlos (1987). Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo. Sada: Do Castro. p. 94. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]