Ekwele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ekwele (anteriormente ekuele) foi a moeda oficial da Guinea Ecuatorial entre 1975 e 1985. O seu código ISO 4217 é GQE. Está dividido en 100 céntimos, aínda que non se emitiron moedas desta denominación. A denominación ekuele utilizouse ata 1979 e a denominación ekwele (plural: bipkwele) utilizouse desde entón.

O ekwele substituíu a peseta da Guinea Ecuatorial mantendo a mesma paridade en 1975. En 1985 o Franco CFA substituíu o ekwele cunha taxa de cambio de 1 CFA = 4 GNE. As primeiras emisións do franco CFA na Guinea tiñan o nome do país propio no seu anverso (no canto de États de l'Afrique Centrale) e a denominación "francos" en castelán.

Moedas[editar | editar a fonte]

As primeiras moedas emitíronse en 1975, coas denominacións de 1, 5 e 10 ekuele. En 1980 e 1981 saíron á circulación moedas de 1 ekwele e de 5, 25 e 50 bipkwele. Desta última serie Púxose en circulación un número moi reducido de pezas. A seguir, amósanse as características das moedas.

Denominación Emisión Metal Diámetro (mm) Peso (g) Anverso Reverso
1 ekuele 1975 Cu + Ni 19,00 2,40 Francisco Macías Nguema

REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL
1975

Picos, pas e aixadas
5 ekuele 1975 Cu + Ni 21,00 3,40 Francisco Macías Nguema

REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL
1975

Labregos
5 bipkwele 1980 Cu + Ni 23,50 4,80 Francisco Macías Nguema

REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL
1980

10 ekuele 1975 Cu + Ni 24,00 5,20 Francisco Macías Nguema

REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL
1975

Galo
25 bipkwele 1980 Cu + Ni 25,50 6,50 Francisco Macías Nguema

REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL
1980

Escudo de armas
50 bipkwele 1980 Cu + Ni 29,00 10,10 Francisco Macías Nguema

REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL
1980

Escudo de armas

Billetes[editar | editar a fonte]

Os billetes foron impresos polo Banco Popular en 1975, con denominacións desde 25 a 1.000 ekuele, entanto que o Banco da Guinea Ecuatorial imprimiu en 1979 billetes de 100 a 5.000 bipkwele.

Durante os primeiros anos en que entrou en vigor o ekwele, era normal atopar billetes con denominacións en antigas pesetas (nomeadament de 500 pesetas) selados polo Banco Central da Guinea indicando o seu valor correspondente en ekwele.

A continuación detállanse as características dos billetes:

Series de 1975
Denominación Efixie Cor predominante
25 ekwele Francisco Macías Nguema Violeta
50 ekwele Francisco Macías Nguema Marrón
100 ekwele Francisco Macías Nguema Verde
500 ekwele Francisco Macías Nguema Azul
1.000 ekwele Francisco Macías Nguema Vermello
5.000 ekwele Francisco Macías Nguema Azul

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]