Efrén I, metropolita de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Efrén I, metropolita de Kiev
Nacementoséculo Xxuliano
Falecemento1104
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]

Efrén foi un eclesiástico grego, que exerceu como metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus no século XI, baixo a autoridade do patriarcado de Constantinopla.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Se ten mención del en 1055,[2][3] e no obituario da catedral de Santa Sofía de Kiev aparece como sucesor do metropolita Hilarión.[2] Nese ano condenou ao bispo de Novgorod Luka Zhidiata a prisión ante a acusación dun servidor.

Descoñécese cando foi nomeado e cando finou, mais sábese que bendeciu a igrexa de Santa Sofía de Kiev nun 4 de novembro. Se a bendición foi en domingo, como era habitual, tería que ter sido en 1061 ou 1067.[2] En 1072 sábese que foi nomeado un novo metropolita, Xurxo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Langer, Lawrence N (2001). Historical Dictionary of Medieval Russia. Scarecrow Press. p. 69. ISBN 9780810866188. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 77. OCLC 22834909. 
  3. Cross, Samuel H; Morgilevski, H. V; Conant, K. J (1936). "The Earliest Mediaeval Churches of Kiev". Speculum (Medieval Academy of America) 11 (4): 492. ISSN 0038-7134.