Efrén I, metropolita de Kíiv
Efrén I, metropolita de Kíiv | |
---|---|
Nacemento | século Xxuliano |
Falecemento | 1104 e valor descoñecido |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | sacerdote |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Efrén foi un eclesiástico grego, que exerceu como metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus no século XI, baixo a autoridade do patriarcado de Constantinopla.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Se ten mención del en 1055,[2][3] e no obituario da catedral de Santa Sofía de Kíiv aparece como sucesor do metropolita Hilarión.[2] Nese ano condenou ao bispo de Novgorod Luka Zhidiata a prisión ante a acusación dun servidor.
Descoñécese cando foi nomeado e cando finou, mais sábese que bendeciu a igrexa de Santa Sofía de Kíiv nun 4 de novembro. Se a bendición foi en domingo, como era habitual, tería que ter sido en 1061 ou 1067.[2] En 1072 sábese que foi nomeado un novo metropolita, Xurxo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Langer, Lawrence N (2001). Historical Dictionary of Medieval Russia. Scarecrow Press. p. 69. ISBN 9780810866188.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 77. OCLC 22834909.
- ↑ Cross, Samuel H; Morgilevski, H. V; Conant, K. J (1936). "The Earliest Mediaeval Churches of Kiev". Speculum (Medieval Academy of America) 11 (4): 492. ISSN 0038-7134.