Efecto grellada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto grellada é un concepto de economía e da mercadotecnia, co que se designa a variabilidade das vendas en función do tempo climatolóxico.

O termo recóllese das técnicas de venda dos supermercados: no tempo de facer grelladas, as compras diríxense cara a produtos de consumo instantáneo e de fácil uso. Por exemplo, durante os meses de verán aumenta o consumo de xeados, leituga e froita, mentres que desce o de sopa e o de vexetais que necesitan cocción.

Estímase que o 75% dos bens que se venden en Europa Occidental sofren unha flutuación importante debida ao tempo climatolóxico.