Efecto adverso (medicina)
Aparencia
En medicina, un efecto adverso é un efecto secundario dunha medicina, terapia, tratamento ou operación, que conduce a un resultado de consecuencias negativas (dores, alerxia, complicacións serias e mesmo a morte).
A observación de efectos adversos pode dar lugar a retirar unha medicina do mercado se o risco é frecuente ou serio en comparación co efecto beneficioso previsto. Os efectos adversos divídense en tolerables, graves e letais.