Eduardo Vigo Domingues
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | activista |
Membro de | |
Outro | |
Condenado por | terrorismo (2013) → (14 encarceramento) → Final: 24 de maio de 2024, cumprimento da condena |
Eduardo Vigo Domingues, é un activista e independentista galego. Vigo foi un dos primeiros independentistas galegos condenados en 2013 por pertencer a Resistência Galega,[1] cunha condena de 18 anos de cárcere, rebaixada posteriormente polo Tribunal Supremo a 13 anos e 9 meses. O 24 de maio de 2024, Rodríguez Fialhega saíu do cárcere da Lama logo de cumprir a condena.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi detido nun control de estrada en Vigo no ano 2011.[3] En xuño de 2013, Vigo foi acusado, xunto a María Osorio, Antom Santos Peres e Roberto Rodríguez Fialhega de pertencer á organización terrorista Resistência Galega, por posesión de explosivos e por falsificación de documentos.[4] Os maxistrados consideraron que Rodríguez Fialhega e Vigo se reuniron o mesmo día da súa detención para entregar tres termos con explosivos.[5] Nos fogares de Rodríguez Fialhega e Vigo atopáronse unha pota 3,2 quilos de substancias explosivas, documentación falsa, listas de posibles obxectivos e un manual sobre técnicas de interrogatorio da CIA.[6] No xuízo aos catro independentistas considerouse probada a existencia da banda armada terrorista Resistência Galega, o cal sempre negaron os acusados. Nun principio, Vigo Domingues foi condenado a 18 anos de cárcere, mais posteriormente, o Tribunal Supremo de España rebaixou a pena a 13 anos e 9 meses.[7]
O 24 de maio de 2024, Vigo Domingues saíu do cárcere da Lama logo de cumprir a condena.[8][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Trasladan a Teixeiro e A Lama aos presos vinculados a Resistencia Galega Teto e Senlheiro". Diario de Pontevedra. 1 de abril de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 El Español, ed. (22 de maio de 2024). "Eduardo Vigo, condenado por terrorismo, saldrá de la prisión de A Lama el próximo viernes". Consultado o 26 de maio de 2024.
- ↑ "Teto Fialhega sae de permiso tras 12 anos preso por pertenza a unha “banda terrorista” sen estrutura coñecida". O Salto Diario. 29 de decembro de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
- ↑ "María Osório, condenada por pertenencia a Resistencia Galega, saldrá de la cárcel este jueves tras casi 6 años presa". El Correo Gallego. 5 de setembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2023.
- ↑ "Interior traslada a la cárcel de Teixeiro al miembro de Resistencia Galega Roberto Rodríguez "Teto"". Faro de Vigo. 2 de abril de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Interior mantiene en prisión a los cinco presos de Resistencia Galega mientras sigue liberando etarras". El Correo Gallego. 11 de xullo de 2022. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Interior traslada a cárceles gallegas a un miembro de Resistencia Galega y a un condenado por tenencia de explosivos". La Vanguardia. 1 de abril de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2024.
- ↑ A Gentalha do Pichel, ed. (24 de maio de 2024). "Segundo informou Ceivar, hoje saem da prisom Eduardo Vigo e Roberto Fialhega "Teto", militantes independentistas que permanecerom presos nos cárceres do Estado durante treze longos anos.". Consultado o 26 de maio de 2024.