Eduardo III de Bar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | xuño de 1377 valor descoñecido |
| Morte | 25 de outubro de 1415 Batalla de Agincourt, Reino de Francia |
| Causa da morte | morte en combate |
| Lugar de sepultura | Bar-le-Duc |
| Actividade | |
| Ocupación | feudatario |
| Carreira militar | |
| Conflito | Guerra dos Cen Anos |
| Outro | |
| Título | Duke of Bar (en) Q48891404 |
| Familia | House of Scarpone (en) |
| Pais | Roberto I de Bar |
| Irmáns | Philip of Bar Louis Ier de Bar John of Bar Henry of Bar Iolanda de Bar Marie of Bar Yolande of Bar Bonne of Bar Jeanne of Bar |
Eduardo III de Bar, nado a finais de xuño de 1377 e finado o 25 de outubro de 1415 en Agincourt, foi marqués de Pont-à-Mousson de 1399 a 1415 e duque de Bar de 1411 a 1415.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Roberto I, conde e despois duque de Bar, e de María de Francia. Converteuse no herdeiro do ducado de Bar á morte dos seus irmáns máis vellos Henrique e Filipe, que morreron na batalla de Nicópolis (1396). Seu pai fíxoo marqués de Pont-à-Mousson en 1399. En 1405, foi encargado por Carlos VI de Francia para defender o bolonés ameazado polos ingleses. A finais de 1406 participou na campaña da Güiena baixo Lois I de Orleáns, pero a disentería decimou ao exército francés. Despois do asasinato de Luís de Orleáns en 1407, achegouse a Xoán sen Medo e acabou uníndose aos borgoñóns. Sucedeu ao seu pai o 12 de abril de 1411.
Morreu na batalla de Agincourt e sucedeuno seu irmán Luís de Bar, bispo de Verdún, coñecido como Lois I ou Lois (dependendo de se Lois de Montbéliard se considera que foi conde uxori e non suo iure). Non casou e deixou só fillos bastardos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Poull, Georges (1994). La Maison souveraine et ducale de Bar (en francés). Nancy: Presses Universitaires de Nancy. ISBN 978-2864808312.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eduard III, herzog von Bar (+ 1415)Arquivado 18 de marzo de 2005 en Wayback Machine.