Eduardo Fidalgo Álvarez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 (122/123 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Eduardo Fidalgo Álvarez, nado en Ourense en 1901, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado de banca en Ourense, militou no socialismo e foi secretario xeral da Asociación de Traballadores de Banca de Ourense que presidía Juan Manuel González Gándara,[1] e dirixente da Federación Galega de Banca da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de agosto e encarcerado en Ourense. Grazas ás xestións do cónsul de Cuba en Vigo que lle concedeu a nacionalidade cubana, foi liberado o 12 de setembro e marchou a Cuba. Instalouse na Habana, onde se vinculou á Casa de la Cultura e participou en actos antifranquistas. Dedicouse aos negocios e montou unha fábrica de chourizos. En 1962 foi elixido vogal da Sociedad de Amistad Cubano-Española.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Eduardo Fidalgo Cerreda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 26-12-1933.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2009). El exilio republicano español en Cuba. Madrid: Siglo XXI. p. 414. ISBN 978-84-323-1387-5.