Edilberto Vieito García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Ernesto Edilberto Vieito García, nado no Porriño, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Domingo Vieito González. Farmacéutico do Porriño. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro do Porriño e elixido primeiro tenente alcalde o 4 de decembro de 1927, na corporación presidida por José Palacios Ramilo.[1] Foi nomeado alcalde do Porriño en 1929. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser nomeado alcalde do Porriño o 6 de febreiro de 1949.[2]
Predecesor: José Palacios Ramilo |
Alcalde do Porriño 1929 - 1930 |
Sucesor: José Carrera Domínguez |
Predecesor: José González González |
Alcalde do Porriño 1949 - 1951 |
Sucesor: Manuel Ojea Sarmiento |
Vida privada[editar | editar a fonte]
Casou con Amable Pérez Mayo e foi pai de Amparo, Edilberto, Honorato Román e Amable Vieito Pérez.