Edesio Yáñez Gómez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) Xares, España |
Alcalde da Veiga | |
2009 – 2015 | |
Alcalde da Veiga | |
2003 – 2007 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Veiga |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Edesio Yáñez Gómez, nado en Xares (A Veiga) en 1946, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de doce anos como concelleiro, nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Veiga e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2007 perdeu a alcaldía en favor do socialista Fernando Fernández Yáñez que contou co apoio dos independentes de AEIVE. En novembro de 2009 presentou unha moción de censura co apoio dos dous concelleiros de AEIVE e volveu ser elixido alcalde[1]. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.
Predecesor: Vicente García Carrasco |
Alcalde da Veiga 2003 - 2007 |
Sucesor: Fernando Fernández Yáñez |
Predecesor: Fernando Fernández Yáñez |
Alcalde da Veiga 2009 - 2015 |
Sucesor: Juan Anta Rodríguez |