Edelmiro Trillo
Aparencia
(Redirección desde «Edelmiro Trillo Señoráns»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1854 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1930 (75/76 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz , xornalista , político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Edelmiro Trillo García-Señoráns, nado en Santiago de Compostela o 17 de setembro de 1854 e finado en Vilagarcía de Arousa en xuño de 1930[1], foi un xuíz galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Eduardo Trillo Salelles, pasou a súa nenez e xuventude en Vilagarcía de Arousa. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1876. Exerceu como avogado na Coruña e en 1886 foi Xuíz de primeira instancia en Mondoñedo, pasando despois aos xulgados de Corcubión, Mondariz, Ferrol e Vigo. En 1912 foi maxistrado da Audiencia de Madrid e en 1920 foi nomeado maxistrado do Tribunal Supremo.
Dirixiu o periódico de Vilagarcía El Eco de la Ría de Arosa e colaborou en Galicia Nueva.