East Infection

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

East Infection
EP de Gogol Bordello
Data de edición: 22 de marzo de 2005
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: 2004 - 2005
Estudio(s) de gravación: Integrated Studios, Nova York
Duración: 21:57
Xénero musical: gypsy punk
Selo discográfico: Rubric Records
Producido por:
Cronoloxía
Gogol Bordello vs. Tamir Muskat East Infection Gypsy Punks: Underdog World Strike

East Infection é un EP da banda estadounidense de gypsy punk Gogol Bordello, publicado o 22 de marzo de 2005 a través do selo Rubric Records. Editado antes das sesións do álbum Gypsy Punks, está formado polas pistas sobrantes das sesións dese disco.

"Ave. B" foi regravado como "Avenue B" para Gypsy Punks, e "Strange Uncles From Abroad" como "My Strange Uncles From Abroad" para Super Taranta!. "Copycat" tamén destaca por ter sido a primeira canción da banda de estilo dub. "Mala Vida" é unha versión dunha canción de Mano Negra, e "Madagascar-Roumania" incorpora unha canción folk tradicional romanesa chamada "Tu Jésty Fáta", aínda que aparece mal escrito como "Tu Esti Fata".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Eugene Hütz. Toda a música por Eugene Hütz e Gogol Bordello, agás "Mala Vida" (Mano Negra) e "Tu Jésty Fáta" (canción folk romanesa).

N.º Título Duración
1. "East Infection"   2:20
2. "Ave. B" (Producida e gravada por Gogol Bordello. Mesturada por Oren Kaplan e Eugene Hütz no inverno de 2004.) 2:57
3. "Mala Vida" (Producida por Steve Albini nos Electrical Audio Studios, Chicago, en outubro de 2004. Mesturada por Eyal Midyan en xaneiro de 2005.) 3:08
4. "Copycat" (Gravada por Steve Albini nos Electrical Audio Studios, Chicago, en outubro de 2004. Mesturada por Rea Mochiach e Eugene Hütz nos Dumbeat Studios, Brooklyn, Nova York, en xaneiro de 2005.) 2:41
5. "Strange Uncles From Abroad" (Producida e gravada por Gogol Bordello. Mesturada por Oren Kaplan e Eugene Hutz, no inverno de 2004.) 4:13
6. "Madagascar-Roumania (Tu Jésty Fáta)" (Producida, gravada e mesturada por Eliot Ferguson e Eugene Hütz, no inverno de 2004.) 6:32

Material extra:

  1. "Never Young Again" - Video por Dimon.