Día de Cassinga
O día de Cassinga é un día nacional en Namibia que lembra o masacre de Cassinga. Conmemórase cada ano o 4 de maio, e a data "lembra aqueles (arredor de 600)[1] asasinados en 1978 cando a Forza de Defensa de Suráfrica atacou unha base da SWAPO en Cassinga, no sur de Angola".[2] As conmemoracións están marcadas anualmente por cerimonias en "Heroes' Acre", fóra de Windhoek. A estas cerimonias asistiron moitas figuras políticas nacionais importantes, incluíndo o presidente Hage Geingob e os expresidentes Hifikepunye Pohamba e Sam Nujoma (a partir de 2016).[3]
4 de maio de 1978
[editar | editar a fonte]Na mañá do 4 de maio de 1978, a Forza de Defensa de Suráfrica realizou un ataque aéreo contra o campamento Cassinga preto da aldea de Cassinga, seguido dun despregamento de paracaidistas. O campo estaba habitado por simpatizantes de SWAPO exiliados e as súas familias. Neste ataque morreron 165 homes, 294 mulleres e 300 nenos. Máis tarde o mesmo día tamén foi atacado o próximo campamento Vietnam, na aldea de Tchetequela. No ano 2016 as tumbas non estaban marcadas, mais o Goberno de Namibia ten pensado erguer un lugar conmemorativo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Let's Review Our National Holidays in The Namibian, 27 de abril de 2007
- ↑ The Commonwealth Yearbook Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Namibian national reconciliation policy in Xinhua News Agency, 21 de setembro de 2006.
- ↑ Muraranganda, Elvis (3 de maio de 2016). "Remembering Cassinga Day". New Era. p. 3.[Ligazón morta]