Década de -490
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -V | |||||
| |||||
|
499 a.C.
- Artigo principal: -499.
- As polis xonias de Asia Menor rebélanse contra o dominio persa, comezando así as Guerras Médicas (até -449).
498 a.C.
- Artigo principal: -498.
- Guerra Latina entre Roma e as cidades do Lacio.
- Alexandre I sucede a Amintas I no trono de Macedonia (até -454).
497 a.C.
- Artigo principal: -497.
- Darío I o Grande, xa de Persia, somete as polis xonias que se rebelaron contra o seu dominio
496 a.C.
- Artigo principal: -496.
495 a.C.
- Artigo principal: -495.
494 a.C.
- Artigo principal: -494.
- Batalla de Lade: os persas destrúen a frota das cidades xonias, e logo arrasan Mileto.
493 a.C.
- Artigo principal: -493.
- Temístocles é elixido arconte da polis ateniense.
- O romano Caio Marcio toma e destrúe a cidade de Corioles, capital dos volscos, no Lacio. Caio recibiu a raíz desta vitoria o sobrenome de Coriolano.
492 a.C.
- Artigo principal: -492.
- En Roma, consulado de T. Xeganio Macerino e P. Minucio Augurino
- Cleómenes I, rei dos lacedemonios, expulsa do trono ao segundo rei, Demarato, hostil aos seus proxectos contra Atenas e Exina. Demarato refúxiase con Darío I.
- Iníciase a primeira expedición do rei persa Darío I contra Grecia baixo o mando do seu xenro e xeneral, Mardonio. Darío envía a Mardonio á Xonia a substituír o seu sátrapa, Artafernes e co encargo de facerse coa Tracia e impor o seu protectorado na Macedonia. A súa campaña contra a Grecia é un fracaso: boa parte da frota persa é destruída por unha tempestade ao bordear o monte Athos. Segundo Heródoto, perdéronse 300 embarcacións e máis de 20 000 homes. Os brixios atacan o acampamento persa e matan a moitos persas. Mardonio é ferido mais consegue derrotalos.
- Milcíades debe fuxir do Quersoneso de Tracia e refúxiase en Atenas. Alí acúsaselle de tiranía, mais logo é absolto.
- En Sicilia, a colonia de Siracusa Camarina rebélase. Hipócrates, tirano de Xela intervén para se enfrontar a Siracusa. Após vencer o exército no río Heloro, sitia a cidade. Porén, diante da intervención de forzas provenientes de Corinto, decide retirarse a cambio de Camarina.
491 a.C.
- Artigo principal: -491.
- Intervención espartana en Exina.
- Emisarios de Darío I aos estados gregos para pedir a súa submisión.
- Principio das hostilidades entre Atenas e Exina.
- Morte de Hipócrates.
- Xelón convértese en tirano de Xela.
- Expulsión dos aristócratas de Siracusa.
490 a.C.
- Artigo principal: -490.
Asia
Europa
- Aristodemo, tirano de Cumas, é derribado do poder e morto.
- Setembro - Batalla de Maratón, vitoria dos atenienses, dirixidos por Milcíades, sobre os persas.