Durmitta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Durmitta foi unha cidade hitita ao leste de Kanish, que pasou a mans dos kaskas sobre o -1300. Desde esta cidade os kaskas atacaron a comarca de Tuhuppiya. Muwatallis II refusou facer campaña na zona e deixou o traballo en mans do seu irmán Hattusilis, ao que nomeara rei vasalo de Hakpis, reino no que a cidade foi incluída. Foi restaurada e repoboada por Hattusilis entre dez e quince anos despois da creación do reino.