Duke University Press

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Duke University Press é unha editorial académica de libros e revistas e un departamento da Universidade Duke; publica arredor de 120 libros ó ano e máis de 40 revistas académicas, así como cinco coleccións electrónicas.[1] As súas publicacións atópanse principalmente dentro da área de humanidades e ciencias sociais, pero tamén é coñecida polas súas revistas de matemáticas.[2]

A editorial foi fundada como Trinity College Press e William T. Laprade foi o seu primeiro director de 1922 a 1926.[3] Despois dunha reestruturación e expansión, o nome foi cambiado a Duke University Press en 1926 e William K. Boyd foi nomeado director.[4]

Acceso aberto[editar | editar a fonte]

Duke é unha das trece editoriais que participan no programa piloto Knowledge Unlatched (Abrir as portas ó coñecemento), un consorcio global de bibliotecas dirixido a conseguir un fondo de libros de acceso aberto.[5] Dukeachegou catro libros para a colección do programa piloto.[6]

Notas[editar | editar a fonte]