Dravograd
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Eslovenia | ||||
| Concello | Dravograd (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.088 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2,4 km² | ||||
| Altitude | 367 m-357 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 2370 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Monument of local significance (en) | |||||
| Data | 2 de setembro de 1997 | ||||
| Identificador | 7381 | ||||
| Sitio web | ww.dravograd.si | ||||
Dravograd (en alemán Unterdrauburg) é un concello de 8.863 habitantes e 105 km², na Eslovenia setentrional, sito no lugar en que o río Drava atravesa a fronteira austro-eslovena.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Dravograd érguese na parte norte de Eslovenia, na confluencia de tres ríos: o Drava, o río Meža e máis o Mislinja. A vila, habitada desde época romana, conserva a igrexa románica de San Vito, datable en 1117, e as ruínas do vello castelo, chamado stari grad.
O municipio consta de 24 localidades, reagrupadas en 5 comunidades locais: Dravograd, Črneče (en alemán Schwarzenbach ), Libeliče (en alemán Leifling ), Šentjanž pri Dravogradu (en alemán Sankt Johannes ), e Trbonje (en alemán Trofin ) .
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Dravograd é estación ferroviaria da Drautalbahn ("Ferrocarril do val do Drava", en alemán), na liña entre Maribor e Innichen (San Cándido), xa en Italia, aberta desde 1863. A autoestrada Nº 3 que leva desde Maribor até a fronteira austríaca atravesa a vila, e onde se bifurca a autoestrada nº 10-10 para Celje.
