Dosmasunoarquitectos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

dosmasunoarquitectos é un estudio de arquitectura español, con sede en Madrid.

Composición[editar | editar a fonte]

O estudio creárono en 2003 os arquitectos Ignacio Borrego (profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid), Néstor Montenegro (profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e na Universidade Europea de Madrid) e a arquitecta (colombiana) Lina Toro (tamén profesora na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid).

Obra[editar | editar a fonte]

102 viviendas en Carabanchel (Madrid).

O estudio recibiu dende os seus inicios diversos premios (recibiu algún tipo de recoñecemento en 25 concursos nacionais e internacionais de arquitectura) e protagonizou numerosas exposicións e publicacións. Entre as súas obras destacan: as 102 vivendas no distrito madrileño de Carabanchel para a empresa municipal de vivenda de Madrid (con claras referencias a MVRDV, onde traballaron dous dos seus compoñentes, e que posúen cuartos con até 5 metros de beirado, aparentemente contraditorio con seren vivendas de baixo custo), unhas vivendas sociais en Málaga (que fixeron en cooperación con Mecanoo Architecten), a vivenda unifamiliar Casa Syntes en Pinto (Madrid) e a biblioteca e o museo anexo da Universidade de Alcalá de Henares, construída sobre o antigo cuartel da Garda Civil desa localidade, e onde conservan fachada, cuberta e estrutura.

Ademais, dende o 2006, son (mediante concurso gañado) os directores da revista Arquitectos do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]