Saltar ao contido

Dositeo Casanova Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDositeo Casanova Álvarez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
A Pobra do Brollón, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1938 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2852

Dositeo Casanova Álvarez, nado na Pobra do Brollón e finado en Lugo o 7 de marzo de 1938, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi elixido concelleiro da Pobra do Brollón en 1931. Con motivo da revolución de Asturias foi detido; xulgado en Lugo acusado de auxilio á rebelión, foi condenado a seis anos e un día de prisión.[1] Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi amnistiado e reposto no cargo de concelleiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de outubro e ingresado na Cadea de Lugo. Xulgado en Lugo en consello de guerra por adhesión á rebelión o 8 de outubro de 1937,[2] foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo o 7 de marzo de 1938 con Antonio Reboiro Rodríguez.

  1. El Pueblo Gallego, 10-1-1935, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 9-10-1937, p. 9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]