Saltar ao contido

Dorsal Central do Índico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dorsal Central do Índico
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 País
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Bañado por
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF237011700 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0404j4z Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Mapa batimétrico do dorsal Central do Índico.

A dorsal Central do Índico é unha dorsal central océanica localizada de norte a sur na parte occidental do océano Índico.

A dorsal Central do Índico considérase tradicionalmente que separa a placa africana da placa indoaustraliana. Do mesmo xeito, a zona de fractura de Owen no fin norte da dorsal dise que separa a placa indoaustraliana da placa arábiga. Con todo, os movementos na zona de fractura de Owen son insignificantes, e Arabia e a India móvense como unha única placa.

Historia tectónica

[editar | editar a fonte]

A dorsal Central do Índico abriuse durante a separación da Mascarene Plateau e a dorsal de Chagos-Laccadive en 38 Ma, ambos produto do punto quente da Reunión, único punto quente coñecido que interactuou coa dorsal Central do Índico. Agora situado a 1100 km da dorsal, o punto quente cruzou a dorsal preto dos paralelos 18-20°S, dende a placa india á africana, en 47 Ma. O punto quente da Reunión inclúe a dorsal de Chagos-Laccadive sobre a placa india que leva ata a costa india occidental onde o novo punto quente produciu as Deccan Traps en 66 Ma.[1][2]

A única estrutura por riba da auga preto da dorsal Central do Índico é a illa Rodrigues, cumio da enigmática dorsal de Rodrigues entre Mauricio e a dorsal.[1] A dorsal de Rodrigues alcanza a dorsal en 19°S a través dunha serie de cordais coñecidos como os tres Reis Magos.[2]

  1. 1 2 Hellebrand et al. 2002, Geological setting, pp. 2306-2308
  2. 1 2 Murton et al. 2005, Geological setting, pp. 2–4

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]