Don Claro (1931)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don Claro
Semanario político de izquierdas
Fundación24 de maio de 1931
Remataentre 1931 e 1932
DirectorArturo Cuadrado Moure
FundadorArturo Cuadrado Moure
ColaboradoresArturo Cuadrado Moure
Tendenciarepublicano
Periodicidadesemanario
Prezo20 céntimos
PredecesorDon Claro
editar datos en Wikidata ]

Don Claro foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1931, que levou o mesmo nome doutro anterior editado en 1898. Foi fundado por Arturo Cuadrado[1], quen escribía nas súas páxinas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario político de izquierdas, apareceu o 24 de maio de 1931[2][3][4]. Declarouse herdeiro do semanario que apareceu no 1898, en canto que dicía no seu primeiro número que «Don Claro estivo moitos anos calado porque non estabamos en tempo de dicir a verdade». Ademais afirmaba que era «órgano da situación, voceiro, modestísimo, da República», que precisamente acababa de proclamarse poucas semanas antes. Vendíase ao prezo de 20 céntimos o exemplar[5].

Tivo problemas para manter a súa continuidade desde o primeiro momento. Así, por exemplo, en xullo do mesmo ano no que naceu xa estaba planeando a súa reaparición, o que dá conta de que ao pouco de aparecer xa fora suspendido[6].

Non debeu chegar ao ano de vida porque en abril de 1932 a prensa o daba xa por desaparecido[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Santidrián Arias 2000, p. 164)
  2. "Don Claro, Semanario Político de Izquierdas. Santiago de Compostela 1931. La Coruña, Galicia". Todocolección (en castelán). Consultado o 28-2-2020. 
  3. "Santiago". El Eco de Santiago (en castelán). 20-5-1931. p. 2. Consultado o 28-2-2020. El próximo domingo comenzará a publicarse un semanario político que llevará por título "Don Claro" 
  4. (Palomares Ibáñez 1983, p. 409)
  5. "Compostela al día". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 22-5-1931. p. 6. Consultado o 28-2-2020. El domingo verá la publicidad un semanario órgano de las izquierdas que se venderá al precio de 20 céntimos. 
  6. "Compostela al día". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 5-7-1931. p. 8. Consultado o 28-2-2020. Pronto reaparecerá el semanario local "Don Claro", suspendido momenténeamente por causas ajenas a la voluntad de su director y redactor-jefe. 
  7. "Compostela al día". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 23-4-1932. p. 8. Consultado o 28-2-2020. La Sala primera de lo criminal acaba de absolver al corresponsal de "El Sol" en Santiago, don Arturo Cuadrado, al que un conocido médico de la localidad perseguía judicialmente por un artículo publicado en el desaparecido semanario "Don Claro". Defendió al procesado el ilustre letrado de La Coruña don Manuel Iglesias Corral a cuyo brillante informe ante los magistrados de la Sala primera débese en justicia el fallo absolutorio a favor del señor Cuadrado. Felicitamos muy sinceramente al estimado compañero por su absolución y al señor Iglesias Corral por el destacado triunfo forense obtenido con su brilantísima defensa. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]