Dominio do lume polos primeiros humanos
O control do lume polos primeiros homínidos foi un punto de inflexión na súa evolución cultural e permitiu que proliferasen debido á mellora na absorción de proteínas e hidratos de carbono que proporcionaba a cocción, ademais de permitir a actividade en horas nocturnas e de proporcionar protección perante os depredadores.[1]
Probas
[editar | editar a fonte]África oriental
[editar | editar a fonte]As primeiras evidencias de uso do lume por seres humanos proveñen de diversos sitios arqueolóxicos en África Oriental, tales como Chesowanja, preto do lago Baringo, Koobi Fora, e Olorgesailie en Kenya. As probas achadas en Chesowanja consisten en fragmentos de arxila vermella dunha antigüidade de 1,42 millóns de anos.[2] Ensaios realizados nos anacos atopados no lugar amosan que a arxila debeu ser quentada a 400 °C para endurecerse.
En Koobi Fora, nos sitios FxJjzoE e FxJj50, existen evidencias do control do lume por parte do Homo erectus hai 1,5 millóns de anos, co avermellado dos sedimentos que só pode provir dun quecemento a unha temperatura de entre 200 e 400 °C. Existe unha especie de burato de cheminea nun sitio arqueolóxico en Olorgesailie, Kenya. Atopáronse algúns restos microscópicos de carbón vexetal, pero poden ser o resultado dun incendio de matogueiras debido a causas naturais.
En Gadeb, Etiopía, no sitio 8E atopáronse anacos de toba volcánica que parecen presentar sinais de queimaduras; é posible que algunhas das rochas sufrisen os efectos de actividade volcánica local. Estes atopáronse a carón de artefactos achelenses creados por H. erectus.
No centro do val medio do río Awash atopáronse unhas depresións de forma cónica de arxilas vermellas que poderían terse producido a temperaturas duns 200 °C. Pénsase que estas características poderían queimar toros de árbores lonxe do seu lugar de orixe. Atopáronse rochas queimadas no val Awash, aínda que na zona tamén se atopan anacos de toba volcánica.
Cambios no comportamento
[editar | editar a fonte]O control do lume e a luz que xera produciron cambios importantes no comportamento dos humanos.[3] A actividade xa non quedaba restrinxida ás horas diúrnas. Ademais, algúns mamíferos e insectos evitaban o lume e o fume. O lume tamén produciu unha mellora na nutrición ó incorporarse proteínas cocidas á dieta alimenticia.[4][5]
Richard Wrangham da Universidade Harvard sostén que o cocido de comidas con vexetais pode disparar o aumento da capacidade cerebral ó permitir que os carbohidratos complexos de alimentos con amidóns fosen máis dixeribles e polo tanto permitindo que os humanos absorbesen máis calorías.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Energy and Human Evolution". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 15 de decembro de 2017.
- ↑ "Hominid Use of Fire in the Lower and Middle Pleistocene: A Review of the Evidence" (1). University of Chicago Press. 1994. doi:10.1086/203705.
- ↑ Genes, Culture, And Human Evolution: A Synthesis. Blackwell Publishing. 2007.
- ↑ "Evidence for the Use of Fire at Zhoukoudian, China". doi:10.1126/science.281.5374.251.
- ↑ "Fossil Man and Human Evolution". University of Chicago Press.
- ↑ Wrangham, R.; Conklin-Brittain, N. (setembro 2003). "Cooking as a biological trait" (contido baixo subscrición). Comparative Biochemistry and Physiology Part A: Molecular & Integrative Physiology (en inglés) 136 (1): 35–46. PMID 14527628. doi:10.1016/S1095-6433(03)00020-5.
- ↑ "The Way We Eat Now". Harvard Magazine.