Dominio (enxeñaría software)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na enxeñaría de software noméase dominio a área temática dun programa informático[1]

Características[editar | editar a fonte]

Formalmente, representa o obxecto dun proxecto de programación específico, xa sexa definido de maneira estrita ou ampla[2]. Por exemplo, un proxecto de programación concreto podería ter como obxectivo a creación dun programa para un hospital concreto, e ese hospital sería o dominio. Ou o proxecto podería ter un alcance máis amplo para incluír tódolos hospitais como o seu dominio[2]:352. Nun deseño de programación informática, definese un dominio delineando un conxunto de requisitos comúns, terminoloxía e funcionalidade para calquera programa de software construído para resolver un problema na área da programación informática, coñecido como enxeñaría de dominio. A palabra dominio tamén se toma como sinónimo de dominio de aplicación.[2] No ámbito da enxeñaría de software, o dominio refírese comunmente a área temática sobra a que se pretende aplicar a aplicación. Noutras palabras, durante o desenvolvemento da aplicación, o dominio é a " esfera de coñecemento e actividade en torno a cal xira a lóxica dda aplicación." —Andrew Powell-Morse[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dominio: esfera de coñecemento, influencia ou actividade. A área temática na que o usuario aplica un programa é o dominio do software." (Eric Evans (2015). "Domain Driven Design Reference: Definitions and Pattern Summaries" (PDF). domainlanguage.com. Consultado o May 2, 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Bjørner, Dines (2006). "The Tryptych of Software Engineering". Software Engineering 3 – Domains, Requirements, and Software Design (book) (en inglés) I. Springer Verlag. p. 9. ISBN 978-3-540-33653-2. Consultado o 2016-12-19. 
  3. Andrew Powell-Morse (April 21, 2017). "Domain-Driven Design - What is it and how do you use it?". Consultado o May 2, 2020.