Domingo Rial Seijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Rial Seijo
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1889 Editar o valor em Wikidata (135 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Domingo Rial Seijo, nado en Vilagarcía de Arousa o 22 de marzo de 1889,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Rial e Remedios Seijo. Emigrou a Buenos Aires. Foi contador xeral dunha das empresas alemás máis grandes da Arxentina. Creou o Hogar Gallego despois da escisión da Casa de Galicia. Fundador e administrador da revista Céltiga con Ramón Peña, da que chegou a ser director.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Purificación Rodríguez Mella, que finou en 1930, e foi pai de Delia e Osvaldo Rial Rodríguez.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha inmigración Brasil, 1942
  2. Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, setembro 1930, p. 17-18.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]