Domingo Enrique Aller Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1846 Betanzos, España |
Morte | 2 de maio de 1916 (69 anos) Lalín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | notario , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Ramón María Aller Ulloa, Jesús Aller Ulloa |
Domingo Tomás Enrique Aller Rodríguez, nado en Betanzos o 1 de xullo de 1846 e finado en Lalín o 2 de maio de 1916, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Juan de Aller Carro e irmán de Saturnino Aller Rodríguez. Foi notario de Lalín. Publicou varias obras de dereito como Las huelgas de los obreros e El Estado y las clases obreras, polas que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas. Casou con Antonina Camila Ulloa Madriñán, filla de Juan Ramón Ulloa Pimentel, e foi pai de Ramón María Aller Ulloa[1] e Jesús Aller Ulloa.
Obras[editar | editar a fonte]
- Estudios elementales de Economía Política, 1874.
- Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político, 1875.
- Las huelgas de los obreros, 1886.
- El Estado y las clases obreras, 1894.
- Las grandes propiedades rústicas en España, 1912.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.