Dobre cono (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os dobres conos (ou conos dobres), algúns deles tamén chamados conos xemelgos, son unha parella de células cono fotorreceptoras da retina que están xuntas e están acopladas óptica e electricamente.[1] Son o tipo máis común de conos en peixes, réptiles, aves e monotremos como o ornitorrinco e están presentes na maioría dos vertebrados, aínda que están ausentes na maioría dos mamíferos placentarios (incluíndo os humanos), en peixes elasmobranqauios e nos siluriformes.[2] Entre os dobres conos dos peixes observouse que hai moitas unións comunicantes.[1] A súa función ou funcións son en gran medida descoñecidas. Algunhas propostas son o seu uso en tarefas visuais acromáticas (non na visión das cores), como detectar a luminancia, o movemento e a polarización. [2]

Algúns dobres conos teñen os seus dous membros con pigmentos visuais idénticos (conos xemelgos), mentres que noutros os dous membros da parella son conos distintos, é dicir, con diferente sensibilidade espectral.[3] As investigacións sobre o comportamento do peixe Rhinecanthus aculeatus proporcionaron probas de que cada un dos membros dos dobres conos pode actuar como unha canle independente para a información da cor.[2]

Nun libro sobre a visión dos peixes,[3] James Bowmaker escribiu que os dobres conos adoitan ser sensibles a lonxitudes de onda da luz máis longas que os conos simples. Tamén sinalou que os conos simples son xeralmente máis pequenos que cada un dos membros dun dobre cono.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Marchiafava, P.L. (1985). "Cell coupling in double cones of the fish retina". Proceedings of the Royal Society of London B 226 (1243): 211–215. doi:10.1098/rspb.1985.0091. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Pignatelli, V.; Champ, C.; Marshall, J.; Vorobyev, M. (2010). "Double cones are used for colour discrimination in the reef fish, Rhinecanthus aculeatus". Biology Letters (The Royal Society) 6 (4): 537–539. PMC 2936199. PMID 20129950. doi:10.1098/rsbl.2009.1010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Bowmaker, J. (1990). "Visual pigments of fishes". En Douglas, R; Djamgoz, M. The Visual System of Fish. Chapman and Hall. p. 87. 
  4. Downing, J; Djamgoz, M; Bowmaker, J (1986). "Photoreceptors of cyprinid fish: morphological and spectral characteristics". Journal of Comparative Physiology A 159: 859–868. doi:10.1007/bf00603739. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Walls, G. L. (1942). The vertebrate eye and its adaptive radiation: Bloomfield Hills, Mich. : Cranbrook Institute of Science. esp. pp 58-63.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]