Distrito 22@

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Imaxe panorámica do distrito en 2010.

O Distrito 22@, coñecido como 22@ ou Distrito da Innovación (en catalán: Districte 22@ ou Districte de la innovació), é unha zona da cidade de Barcelona dunhas 200 hectáreas co obxectivo de transformar a antiga zona industrial do Poblenou, no distrito de Sant Martí, para convertela nunha área de concentración estratéxica de actividades intensivas en coñecemento. Ademais, estase a crear no 22@ un novo modelo de cidade compacta onde as empresas, universidades, centros de investigación, de formación e de transferencia tecnolóxica conviven con vivendas, equipamentos e zonas verdes.

Dende o ano 2000 xa se instalaron na zona máis de 1.500 novas empresas que xeraron máis de 42.000 novos postos de traballo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ORTEGA, Maria, El 22@:deu anys i un mapa a mig dibuixar. Diari Ara, 22/12/2010. p.16

Véxase tamén[editar | editar a fonte]