Disney Star
| Disney Star | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Fundador/a
| |||||
|
Matriz
| |||||
| Actividade | |||||
|
Industria
| |||||
|
Produto
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Disney Star é un grupo provedor de canles e servizos de televisión por satélite e cable na India propiedade da The Walt Disney Company, a súa sede central está na India, contén máis de 70 canles de televisión en oito idiomas, chegando a 9 de cada 10 casas de televisión por cable e satélite na India que alcanza aproximadamente 790 millóns de espectadores ao mes en toda a India e máis de 100 países.
Disney Star é a maior cadea de televisión e entretemento da India.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A compañía rexistrouse o 1 de agosto de 1990 como parte do grupo Hutchison Whampoa, comezando a emitir cinco canles de televisión o 1 de xaneiro de 1991 a través do satélite AsiaSat 1. En 1993 Rupert Murdoch mercou a compañía. O 14 de decembro de 2017, The Walt Disney Company anunciou a súa intención de adquirir a empresa matriz de STAR India, 21st Century Fox de Rupert Murdoch, por 52.400 millóns de dólares despois da escisión de certos negocios. En 20 de marzo de 2019, o acordo completouse oficialmente e STAR India converteuse nunha subsidiaria de Disney ao pecharse o acordo.
Canles propias
[editar | editar a fonte]- STAR Movies - Filmes en inglés, conta con tres canles STAR Movies International, STAR Movies Middle East con subtítulos en árabe, STAR Movies Taiwan con subtítulos en chinés.
- STAR World - Emite programas en inglés dos Estados Unidos e algún do Reino Unido para o sueste de Asia e Filipinas, antes coñecido como STAR Plus.
- STAR Plus - Canle en hindi para a India, unha das primeiras cinco canle
- STAR Sports - Cadea de 10 canles en 7 linguas (inglés, bengalí, tamil, kannará, malaiala, telugu e hindi)
- Asianet- Canle en malaiala
- Asianet Sivarna- Canle en telugu
- Asianet Suvarna - Canle en kannará STAR, aínda que entón en inglés.
- STAR Utsav - Canle en hindi que emite programas históricos de STAR Plus
- STAR One - Canle en hindi
- STAR Gold - Canle de filmes en hindi
- STAR Vijay - Canle en támil
- STAR Jalsha - Canle de entretemento en bengalí
- STAR Ananda - Canle de noticias en bengalí
- STAR Majha - Canle de noticias en marathi
- STAR Pravah - Canle de entretemento en maratí