Directorio militar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Directorio Militar")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

En xeral, un Directorio Militar é a organización temporal do goberno dunha nación a modo militar por medio da forza das armas.

Adoita compoñerse ben exclusivamente de militares, ou ben ten cabida algún cargo civil, todos eles procedentes das altas esferas do poder.

En España, os militares comezaron a tomar parte da vida política en 1841 co inicio da minoría de idade da raíña Isabel II, durante a rexencia de Espartero, aínda que neste caso non foi un directorio, senón unha rexencia.

O primeiro Directorio recoñecido como tal foi o que creou Miguel Primo de Rivera entre 1923 e 1925. Estaba formado por 8 militares (cada un representando a cada unha das rexións militares da época). Primo de Rivera era o único que trataba asuntos directamente co rei (Afonso XIII).