Dinastía de Kushara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A dinastía de Kushara (Kuššara) ou Kusar (Kuššar), foi a dinastía hitita de reis de Kushara fundada por Pithanas e continuada por Anittas, que estableceu o poder hitita sobre a dinastía local hatita que gobernaba en Kanish e Nesa (Neša) e anexionou esta última cidade, que en hitita se chamaba Hattusa e é a moderna Bogazköy (agora Bogazkale). A cidade foi destruída, pero o seu territorio pasou a Kushara, que tamén someteu a vasalaxe aos reis de Zalpa (Zalpuwa) e Purushanda (Burushkhanda).

Se esta dinastía continuou ata Labarnas I, o primeiro rei notábel do Imperio Hitita Antigo, ou se Tudhaliyas foi o seu continuador, non se sabe. No espazo descoñecido entre Anittas e Tudhaliyas unha nova dinastía podía haber tomado o poder hexemónico dos hititas. O palacio de Anittas en Kanish foi destruído e enriba construíuse un edificio hitita, o que non favorecería a idea dunha continuidade dinástica, ata tal punto que Anittas prohibiu aos seus sucesores restaurar Hattusa, que despois foi a súa capital. Pero, por outra parte, Hattusilis I chamábase "o home de Kushara" e 350 anos máis tarde Hattusilis III referíase a Hattusilis I como "o fillo e rei de Kushara".