Saltar ao contido

Difracción (son)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A difracción é un fenómeno que afecta á propagación do son. Falamos de difracción cando o son en lugar de seguir na dirección normal, se dispersa.

A explicación atópase no Principio de Huygens-Fresnel, que establece que calquera punto dunha fronte de onda é susceptible de converterse nun novo foco emisor de ondas idénticas ao orixinal. De acordo con este principio, cando a onda incide sobre unha abertura ou un obstáculo que impide a súa propagación, todos os puntos do seu plano convértense en fontes secundarias de ondas, emitindo novas ondas, denominadas ondas difractadas.

A difracción pódese producir por dous motivos diferentes:

  1. porque unha onda sonora encontra ao seu paso un pequeno obstáculo e rodéao. As baixas frecuencias son máis capaces de rodear os obstáculos que as altas. Isto é debido a que as lonxitudes de onda no espectro audible están entre 1,7 cm e 17m, as altas e baixas frecuencias respectivamente.
  2. porque unha onda sonora topa cun pequeno burato e atravésao.

A cantidade de difracción virá dado en función do tamaño da propia abertura e da lonxitude de onda.

  • Se unha abertura é grande en comparación coa lonxitude de onda, o efecto da difracción é pequeno. A onda propágase en liñas rectas ou raios, como a luz.
  • Cando o tamaño da abertura é menor en comparación coa lonxitude de onda, os efectos da difracción son grandes e o son compórtase como se fose unha luz que procede dunha fonte puntual localizada na abertura.

.

Na ilustración, a liña azul representa a difracción do son; a verde, a reflexión e a castaña, refracción.