Dietari de la Generalitat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dietari de la Generalitat
DietaridelaDiputaciódelGeneraldeCatalunya-1454a1472(1950).jpg
Portada da edición 1454-1472 (1950).
Autor/aDiferentes autores, funcionarios da Diputació del General
OrixeCataluña Cataluña
Linguacatalán
Xénero(s)Diario
Data de pub.1994-2007
FormatoPapel
En liña
ISBNISBN 84-393-3150-9

O Dietari de la Generalitat, ou Dietari de la Diputació del General, é unha compilación e rexistro diario de eventos militares, políticos e relixiosos do Principado de Cataluña. Esta práctica administrativa diaria foi feita a partir de 1411 ata 1714, sen interrupcións destacadas.[1]

As anotacións foron agrupados por trienios que comezan o primeiro de agosto e rematan o 31 de xullo. Consérvase en 109 volumes, manuscritos de 1411 até 1711. O derradeiro volume ata 1714 foi destruído na época borbónica. O autor responsable foi o escribán maior da Diputació del General. Nalgúns casos, os autores foron engadindo no texto observacións á marxe, debuxos sobre os feitos máis destacados e documentos cosidos no diario (memoriais, cartas, etc.). Entre os anos 1454 e 1472, con Jaume Safont como escribán, son os máis ricos en información e anotacións.[2]

Diarios encadernados no Arquivo Comarcal del Vallès Occidental

Unha selección de textos foi publicada en 1889 por Josep Coroleu i Inglada. O Institut d'Estudis Cataláns (IEC) realizou unha edición crítica comentada, pero foi destruída en 1939. A Generalitat de Cataluña comezou, en 1994, a edición completa e en xuño de 2007 rematou de publicar os dez volumes previstos de 1411 en 1714. En setembro de 2010, o Goberno de Cataluña puxo o texto completo e publicado en liña e de balde, a disposición de investigadores e todas as persoas interesadas nestes documentos a través do sitio web do Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya. Hai máis de quince mil páxinas cheas de información, nomes, eventos, etc.[3]

Comeza o 1 de outubro de 1411 con esta nova, escrita en catalán antigo:

Dijous, primer dia d’octobre, any sobredit, en Barchinona, vench lo vescomte d’Illa. Partí micer Guillem de Vallseca per anar a Tortosa. Dissapta, a III d’octobre, en Barchinona, partí an Pere Artaguil, conestable de XL servents, per anar al setge del castell de Palau Çaverdera, e en Gem Torres, conestable de XL servents.
Dietari, 1411, páx. 1[4]

O 17 de abril de 1456, Jaume Safonts escribe sobre o festival de Sant Jordi (transcrito en catalán moderno):

El dissabte dia 17 fou feta crida pública per la ciutat de Barcelona que la festa de Sant Jordi (23 d'abril) fos celebrada per tothom, ja que la Cort General del Principat de Catalunya, que ara celebra reunió al claustre de la catedral de la ciutat, ho ha decretat així.
Jaume SafontDietari de la Generalitat

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dietari de la Generalitat". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "Jaume Safont". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  3. "Els dietaris de la Generalitat fins al Decret de Nova Planta ja es poden consultar a Internet". Directe.cat. 1 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 07 de febreiro de 2017. Recullen més de tres segles d’anotacions de la vida política, administrativa i social del Principat 
  4. 1411-143, volum 1 de la reedició del 1994, páxina 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Coroleu, Josep (1889). Los dietarios de la generalidad de Cataluña (en castelán). Barcelona: Tip. de La Vanguardia. p. 336. 
  • Jacme, Ça Font (1950). Marina Mitjà (editriu), ed. Dietari de la Diputació del General de Catalunya, 1454-1472. Barcelona: Associació de Bibliòfils de Barcelona. 
  • Udina Martorell, Federico (redacció) (1974). Dietari de la Deputació del General de Cathalunya, núm. 46 (1411-1458) i núm. 49 (1458-1512). Barcelona: Diputació Provincial de Barcelona. 
  • Sans i Travé, Josep Maria (dirección) (1994-2007). Dietaris de la Generalitat de Catalunya. Volum I-X (Edición en liña ed.). Barcelona: Generalitat de Catalunya, Departament de la Presidència. ISBN 84-393-3150-9.