Saltar ao contido

Diego González Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego González Rivas
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCirurxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Diego González Rivas, nado na Coruña en 1974, é un cirurxián galego, considerado un dos mellores do mundo na súa especialidade. É o creador dunha técnica de cirurxía torácica videoasistida minimamente invasiva que opera cunha única incisión.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dunha enfermeira,[2] na súa xuventude xogou ao hóckey a patíns, deporte que comezou a practicar no colexio Obradoiro.[3] Posteriormente xogou na escola da Leyma, onde tivo como adestrador a un dos mellores xogadores de todos os tempos, Daniel Martinazzo, e máis tarde formou parte da canteira do Liceo da Coruña ata os 14 anos.[3]

Lcenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago e formouse en Cirurxía Torácica e Transplante de Pulmón no Hospital Universitario da Coruña, no que traballa. Tamén é cirurxián no Hospital San Rafael, sendo o creador da Unidade de Cirurxía Torácica Minimamente iInvasiva (UCTMI), e no centro médico HM Modelo. É ademais o creador e actual director do programa de adestramento videotorascópico no Hospital Pulmonar de Shanghai, na China, o centro torácico máis grande do mundo.[4]

Comezou a realizar cirurxías minimamente invasivas para reseccións anatómicas no ano 2007, despois de aprender a técnica no Cedars Sinai dos Ánxeles co doutor Rob Mckenna. Máis tarde aprendeu a técnica do dobre porto en Duke, Carolina do Norte, co doutor Thomas Anthony D'Amico, e finalmente revolucionou a técnica desenvolvendo a cirurxía pulmonar cunha única incisión.

Desde 2018 traballa no sistema robótico uniportal subxifoideo (Sistema robótico Da Vinci) realizando as primeiras lobectomías e timectomías do mundo nos Estados Unidos de América.

Foi coordinador do comité de congresos da Sociedade Española de Cirurxía Torácica, colabora coa Sociedade Europea e a Sociedade Internacional de Cirurxía Cardiotorácica Minimamente Invasiva. É membro de varias sociedades científicas e colabora coa American Association of Thoracic Sergery e ten publicacións en revistas especializadas.[5]

Está considerado o cirurxián que ten operado en máis países (120) e cidades do mundo.

Foi finalista no premio Princesa de Asturias en 2018[6] e de 2014 a 2018 foi Premio Top Doctors.[7] O Goberno chinés concedeulle o Premio Nacional de Ciencias e Tecnoloxía na categoría de Innovación e Técnicas Punteiras, o primeiro estranxeiro en recibilo.[8]

O libro Imposible es nada de Elena Pita recolle o traballo deste prestisioxo médico na súa loita contra o cancro e a dor.[9]

A Fundación María José Jove estreou en abril de 2021 o documental Operation beyond the borders que narra a viaxe a Gaza para operar durante a pandemia do coronavirus COVID-19 e formar médicos in situo na técnica Uniportal Vats.[10][11]

  1. "El cirujano gallego que ha conquistado el mundo: “He operado en más de 100 países”". La Vanguardia (en castelán). 2019-03-08. Consultado o 2021-04-29. 
  2. Jabois, Manuel (2017-07-20). "“Parecía ciencia ficción”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-04-29. 
  3. 3,0 3,1 Varela, María (22 de setembro de 2024). "Diego González Rivas: "Martinazzo me entrenó cuando yo era pequeño y jugué en el Liceo"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  4. "Biografía". diegogonzalezrivas.com (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  5. "Cirujano español creador de la técnica Uniportal VATS". www.diegogonzalezrivas.com (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  6. "«Mi técnica está cambiando el mundo y lo que hago es enseñar, compartirla»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-03-04. Consultado o 2021-04-29. 
  7. "Dr. Diego González Rivas: cirujano torácico en A Coruña". Top Doctors (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  8. huerta, maría de la (2019-01-18). "El gallego Diego González Rivas recibe el máximo premio de la Medicina china". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  9. Pita, Elena (2017). Imposible es nada. La Esfera. p. 268. ISBN 978-8490609163. 
  10. Portabales, Pablo (2021-04-28). "Diego en Gaza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  11. "Estrea do documental 'Operation beyond the borders' do cirurxián galego Diego González Rivas CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-04-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]