Saltar ao contido

Dicionario etimolóxico galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dicionario etimolóxico galego
Título orixinalDicionario etimolóxico galego
Autor/aHarri Meier
Lingualingua galega e lingua alemá
editar datos en Wikidata ]

O Dicionario etimolóxico galego (título orixinal en alemán, Galicisches etymologisches Wörterbuch) é un dicionario etimolóxico do galego comezado nos anos sesenta polo romanista e etimólogo Harri Meier e aínda en proceso de elaboración.[1]

Elaboración

[editar | editar a fonte]

Na década de 1960 Harri Meier comezou a elaborar, xunto cos seus discípulos, entre outros a doutora Sigrid Buschmann,[2] un dicionario etimolóxico do galego que case rematou en vida pero que non puido publicar.

No ano 2005, o Seminario de Filoloxía Románica da Universidade de Tubinga, onde o catedrático e estudoso do galego Johannes Kabatek reinaugurara pouco antes o Centro de Estudos Galegos, puido acceder, grazas á axuda de dous discípulos de Harri Meier, ó catedrático de Marburgo Dieter Woll e á doutora Sigrid Buschmann, ós ficheiros do dicionario e trasladalos a Tubinga. O material do profesor Harri Meier estaba case completo pero o problema que se atopou foi que todo o proxecto se atopaba en fichas soltas manuscritas.[1]

O primeiro traballo a realizar consistiu na dixitalización de tódalas fichas. Despois deste traballo comezouse a crear unha base de datos engadindo algunha información adicional. Aínda que algunha información contida nas fichas non estaba actualizada coas últimas informacións lexicográficas optouse por conservala como documentación historiográfico-lingüística.[1]

En abril de 2010 o dicionario contiña 5000 fichas electrónicas correspondentes a 20000 termos galegos.[1]

Baseándose na base de datos creada están previstos unha serie de traballos que se irán desenvolvendo ao longo do tempo[cando?].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Web do Dicionario etimolóxico galego". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2012. 
  2. "Galicisches etymologisches Wörterbuch". SciPort RLP (en alemán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]