Saltar ao contido

Diccionario da Real Academia Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diccionario da Real Academia Galega
 Título
Diccionario da Real Academia Galega Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Publicación
 Editorial
Datas
 Data de publicación
1997 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Localización
 Lugar de publicación
Wikidata

O Diccionario da Real Academia Galega é un dicionario monolingüe galego en papel elaborado pola Real Academia Galega e publicado por Edicións Xerais de Galicia e Galaxia en 1997 que contén 25 000 entradas[1]. Dicionario de uso, tiña carácter normativo para a lingua galega. Viña substituír o Diccionario da lingua galega que se publicara en 1990. Desde 2012 cumpre as súas funcións o Dicionario da Real Academia Galega, que só conta con versión dixital.

Elaboración

[editar | editar a fonte]

A obra estaba coordinada polos académicos Constantino García e Manuel González González, os mesmos que coordinaran o Diccionario da lingua galega de 1990 pero xa sen a participación do Instituto da Lingua Galega e cun equipo máis amplo que pretendía abranguer máis vocabulario técnico e científico.[2]

  1. Alvariño Alvariño, Pilar; Souto García, María Belén; Muriano Rodríguez, María Montserrat; Vallejo González, María (2004). "El tratamiento de las voces especializadas en los diccionarios generales del gallego". En Paz Battaner e Janet Ann DeCesaris. De lexicografia: actes del I Symposium Internacional de Lexicografia. Documenta Universitaria. 
  2. Bragado Trigo, Santiago e Barreiro Comedeiro, Moisés (1998). "O novo diccionario da Real Academia Galega". Grial (137): 152–155.