Dichato
Coordenadas: 36°33′0″S 72°56′0″O / -36.55000, -72.93333
A Baía de Dichato no 2007.
Dichato é unha localidade chilena da comuna de Tomé, na provincia de Concepción, rexión de Biobío. Segundo os datos dispoñibles do censo INE de 2002, a localidade tiña un total de 3.059 habitantes. O xentilicio da localidade é dichatino/a. Dichato é un porto de pesca, e tamén é unha zona balnearia e turística no sur de Chile. O terremoto e o tsunami do 27 de febreiro de 2010 afectou moito á localidade e o seu sector plano, onde a forza do mar destruíu todo no seu camiño.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dichato ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Dichato al Día (en castelán)