Dicasterio para a Doutrina da Fe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dicasterio para a Doutrina da Fe
Tipocongregación da Curia Romana
Data de fundación21 de xullo de 1542
Presidente/aVíctor Manuel Fernández (2023-) Editar o valor em Wikidata
Eventos/Actividadesinvestigación
SedePalácio do Santo Ofício
PaísCidade do Vaticano
41°54′04″N 12°27′22″L / 41.90111111, 12.45611111
Na rede
https://www.vatican.va/roman_curia/congregations/cfaith/index.htm
editar datos en Wikidata ]

O Dicasterio para a Doutrina da Fe (en latín: Dicasterium pro doctrina fidei) é o máis antigos dos departamentos da Curia Romana. Fundouse co propósito de defender á Igrexa das herexías, e constitúe o organismo responsable de promulgar e defender a doutrina católica. Antigamente era coñecida co nome de Suprema Sagrada Congregación da Inquisición Romana e Universal, entre 1904 e 1965, co de Suprema Sagrada Congregación do Santo Oficio e de 1965 a 2022 como Congregación para a Doutrina da Fe.

Fundouno o papa Paulo III en 1542. A súa sé atópase no Palacio do Santo Oficio, fóra da Cidade do Vaticano. Entre os membros do dicasterio hai cardeais, bispos, presbíteros, teólogos laicos e canonistas. O actual prefecto é o cardeal Luis Ladaria.