Dicionario de termos literarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «DiTerLi»)

O Dicionario de termos literarios, tamén coñecido polo acrónimo DITERLI, é un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que se publicou en papel e posteriormente na rede e que achega un corpus léxico relacionado coa literatura.[1]

Tomos[editar | editar a fonte]

Trátase dun proxecto en elaboración, e até o momento os volumes publicados só chegan, por orde alfabética, até os termos que comezan pola letra M. A última versión en rede data de setembro de 2022.

  • Volume I (A-D), 1998
  • Volume II (E-H), 2003
  • Volume III (I-M), 2020.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acerca de na páxina web do CRPIH.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]