DiSEqC
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |

Un DiSEqC (Digital Satellite Equipment Control, control de equipamento satelital dixital) é un protocolo de comunicacións especial para ser empregado entre un receptor satelital e unha serie de dispositivos tales como un conmutador multiantena, un posicionador de antena pequeno ou un soporte multi-LNB (Low Noise Block, Bloque de Baixo Ruído).
É compatible cos actuadores empregados para rotar grandes antenas de banda C, empregados cun posicionador DiSEqC. Fai uso de cable coaxial para transmiti-los datos ou ben as sinais bidireccionais e a electricidade.
Está baseado na formulación "mestre-escravo". Emprega unha modulación dixital de largura de pulsos sobre unha portadora (tamén chamada “ton”) de 0 aos 22 KHz, que xa existe no cable coaxial, segundo á súa polaridade do satélite (para satélites que traballen na banda FSS, en polarizacións lineais).
É un protocolo estándar aberto. Os mecanismos de control que se utilizan no DiSEqC son:
- Controlar a polaridade mediante aplicación dunha tensión de 13/18 voltios.
- Seleccionar unha determinada banda de repetición empregando tons de frecuencia fixa de 0 ou 22 KHz.
- Algúns destes equipos tamén permiten a selección da polaridade coas tensións de 0/12 voltios.
- Control de parabólicas robotizadas, a través dun sistema de pulsos e un motor paso a paso.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- www.enabierto.es/2012/03/enespecial-el-protocolo-diseqc.html "El protocolo de comunicaciones DiSEqC", artigo en En Abierto, marzo de 2012 (en castelán).