Deterioración cognitiva leve
A deterioración cognitiva leve ou deterioración[1] cognitiva lixeira (DCL) é unha desorde clínica que consiste na presenza de alteracións das funcións cognitivas (memoria, atención, linguaxe...) que non acadan a gravidade suficiente para considerarse demencia. Aparece recollido como “Trastorno Neurocognitivo Menor” no DSM-V[2] e como “Trastorno Neurocognitivo Leve” na CIE-11.[3]
A presenza de DCL está intimamente ligada a idade, de forma que as probabilidades de presentala aumentan a medida que unha persoa se vai facendo maior.[4][5] Deste xeito, considérase un estadio intermedio entre o envellecemento cognitivo normal e a demencia, onde se debe ter en conta a idade e o nivel educativo da persoa para a súa identificación. A prevalencia[6] do DCL na poboación xeral mundial oscila entre o 3 e o 19%, cunha incidencia de 8 a 58 por 1000 por ano.
Diagnóstico
[editar | editar a fonte]O concepto DCL utilizouse por primeira vez en 1991,[7] pero non foi ata o 1999 cando Ronal C. Petersen e os seus colaboradores da Clínica Mayo[8] o definiron como unha entidade diagnóstica. Ao mesmo tempo que o concepto ía evolucionando, distintos autores e organizacións foron propoñendo criterios e puntualizacións para o seu diagnóstico, que na actualidade se resumen nos seguintes:[9]
- Rendemento cognitivo por debaixo do esperado para a idade e nivel educativo da persoa, e evidencia de que existe unha deterioración con respecto ao estado previo. Implica, polo tanto, un empeoramento no rendemento cognitivo habitual.
- As actividades da vida diaria (básicas e instrumentais) deben estar preservadas, se ben se permiten pequenas dificultades como consecuencia das alteracións cognitivas. Este é un punto chave na diferenciación entre o DCL e a demencia, xa que os criterios diagnósticos da demencia requiren que as actividades da vida diaria estean afectadas de forma significativa.
Subtipos
[editar | editar a fonte]Dentro do DCL existen diferentes subtipos, en función da cantidade de dominios cognitivos que estean afectados:[9][10]
- DCL unidominio amnésico: a memoria é o único dominio afectado.
- DCL unidominio non amnésico: soamente hai un área afectada, diferente á memoria (por exemplo, atención, funcións executivas...).
- DCL multidominio amnésico: ademais da memoria, existen alteracións noutra/s función/s cognitiva/s (en total, dous ou máis dominios cognitivos afectados).
- DCL multidominio non amnésico: a memoria está preservada, pero hai alteración noutras áreas (dúas ou máis).
Progresión
[editar | editar a fonte]O DCL considérase un estado prodrómico de demencia. Deste xeito, a presenza de DCL nunha persoa constitúe un factor de risco de progresión a calquera tipo de demencia, especialmente nos casos nos que as alteracións están presentes en dous ou máis dominios cognitivos (é dicir, nos DCL multidominio)[11][12]. Nos casos nos que a memoria está afectada, a maior probabilidade de progresión é especificamente a demencia tipo Alzheimer.
Malia todo, non todas as persoas con DCL evolucionan na deteriororación. Unha parte delas permanece estable ao longo do tempo ou incluso pode volver a un estadio de normalidade cognitiva onde o seu rendemento volve a ser normotípico. Isto débese a que existen diversos factores que poden afectar ao rendemento cognitivo durante a vellez, como problemas psiquiátricos, cardiovasculares, hormonais ou uso de fármacos, o que explicaría que algúns casos de Deterioración Cognitiva Leve sexan reversibles[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para deterioración.
- ↑ American Psychiatric Association (2013-05-22). Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (en inglés) (Fifth Edition ed.). American Psychiatric Association. ISBN 978-0-89042-555-8. doi:10.1176/appi.books.9780890425596.
- ↑ Bose, K. S.; Sarma, R. H. (1975-10-27). "Delineation of the intimate details of the backbone conformation of pyridine nucleotide coenzymes in aqueous solution". Biochemical and Biophysical Research Communications 66 (4): 1173–1179. ISSN 1090-2104. PMID 2. doi:10.1016/0006-291x(75)90482-9.
- ↑ Juncos-Rabadán, Onesimo; Pereiro, Arturo X.; Facal, David; Rodriguez, Nelly; Lojo, Cristina; Caamaño, Jose A.; Sueiro, Jesus; Boveda, Julia; Eiroa, Peregrina (2012). "Prevalence and Correlates of Cognitive Impairment in Adults with Subjective Memory Complaints in Primary Care Centres". Dementia and Geriatric Cognitive Disorders (en inglés) 33 (4): 226–232. ISSN 1420-8008. doi:10.1159/000338607.
- ↑ Juncos‐Rabadán, Onésimo; Pereiro, Arturo X; Facal, David; Lojo, Cristina; Caamaño, Juan A; Sueiro, Jesús; Bóveda, Julia; Eiroa, Peregrina (2014-07). "Prevalence and correlates of mild cognitive impairment in adults aged over 50 years with subjective cognitive complaints in primary care centers". Geriatrics & Gerontology International (en inglés) 14 (3): 667–673. ISSN 1444-1586. doi:10.1111/ggi.12157.
- ↑ 6,0 6,1 Gauthier, Serge; Reisberg, Barry; Zaudig, Michael; Petersen, Ronald C; Ritchie, Karen; Broich, Karl; Belleville, Sylvie; Brodaty, Henry; Bennett, David (2006-04). "Mild cognitive impairment". The Lancet (en inglés) 367 (9518): 1262–1270. doi:10.1016/S0140-6736(06)68542-5.
- ↑ Flicker, Charles; Ferris, Steven H.; Reisberg, Barry (1991-07). "Mild cognitive impairment in the elderly: Predictors of dementia". Neurology (en inglés) 41 (7): 1006–1006. ISSN 0028-3878. doi:10.1212/WNL.41.7.1006.
- ↑ Petersen, Ronald C.; Smith, Glenn E.; Waring, Stephen C.; Ivnik, Robert J.; Tangalos, Eric G.; Kokmen, Emre (1999-03-01). "Mild Cognitive Impairment: Clinical Characterization and Outcome". Archives of Neurology (en inglés) 56 (3): 303. ISSN 0003-9942. doi:10.1001/archneur.56.3.303.
- ↑ 9,0 9,1 Petersen, R. C. (2004-09). "Mild cognitive impairment as a diagnostic entity". Journal of Internal Medicine (en inglés) 256 (3): 183–194. ISSN 0954-6820. doi:10.1111/j.1365-2796.2004.01388.x.
- ↑ Winblad, B.; Palmer, K.; Kivipelto, M.; Jelic, V.; Fratiglioni, L.; Wahlund, L.‐O.; Nordberg, A.; Bäckman, L.; Albert, M. (2004-09). "Mild cognitive impairment – beyond controversies, towards a consensus: report of the International Working Group on Mild Cognitive Impairment". Journal of Internal Medicine (en inglés) 256 (3): 240–246. ISSN 0954-6820. doi:10.1111/j.1365-2796.2004.01380.x.
- ↑ Campos-Magdaleno, María; Facal, David; Juncos-Rabadán, Onésimo; Picón, Eduardo; Pereiro, Arturo Xosé (2016-09). "Comparison Between an Empirically Derived and a Standard Classification of Amnestic Mild Cognitive Impairment From a Sample Of Adults With Subjective Cognitive Complaints". Journal of Aging and Health (en inglés) 28 (6): 1105–1115. ISSN 0898-2643. doi:10.1177/0898264315624908.
- ↑ Pereiro, Arturo Xosé; Valladares-Rodríguez, Sonia; Felpete, Alba; Lojo-Seoane, Cristina; Campos-Magdaleno, María; Mallo, Sabela Carme; Facal, David; Anido-Rifón, Luis; Belleville, Sylvie (2021-08-03). "Relevance of Complaint Severity in Predicting the Progression of Subjective Cognitive Decline and Mild Cognitive Impairment: A Machine Learning Approach". Journal of Alzheimer's Disease 82 (3): 1229–1242. doi:10.3233/JAD-210334.