Desgraxante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A area de cuarzo pódese utilizar como desgrasante.

Calquera aditivo de corrección non plástico, orgánico e inorgánico que se engade á arxila para evitar unha plasticidade excesiva chámase desgraxante, desengraxante, desengrasante, elemento magro ou antiplástico. Os desgraxantes proporcionan unha mellor resistencia en cru (facilitan o manexo da arxila) e permítenlle soportar os cambios de temperatura durante a cocción (evitando roturas ou rachaduras nas pezas), así como mellorar a contracción cando a pasta seca. Son substancias comúns como cuarzo, plaxioclasa, feldespatos, rochas de granito, area, po de barro cocido ( chamot ), varias pallas, plumas, lutitas, escouras granuladas, cunchas moídas, ósos esmagados, [1] etc. Os desgraxantes orgánicos conseguen deixar ocos cando a peza está cocida, un espazo molecular que permite o axuste das partículas.

O recurso máis común é mesturar arxilas graxas ou moi puras con outras máis ríxidas até conseguir un equilibrio.[2]

Substancias engadidas á arxila na América precolombiana[editar | editar a fonte]

  • No río Marañón, usábase a cortiza da árbore apacharania[3]
  • No baixo Amazonas botábase man da cortiza do caraipé,(composto de pequenos anacos de cortiza carbonizados e triturados, de alto contido en sílice). que pertence ao mesmo xénero.[4][5]
  • Na Güiana: Hirtella e Licania, aínda que datos máis antigos mencionan o macucú (Macoucoua [Ilex] guyanensis) e a Couepia guianensis.[6][7][8]
  • Os guamos do Orinoco mesturaban a terra con térmites.[9] A outros grupos atribúeselles usar, entre os ingredientes do barro, espículas das esponxas chamadas "cauxí".[10] Acháronse tales espículas en escavacións arqueolóxicas na olaría de Ronquín Tardío ou Arauquín.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Identificación de una tradición tecnológica cerámica con desgrasante óseo en el Neolítico peninsular. Estudio arqueométrico de materiales cerámicos de Madrid (5300-3400 cal AC). Pedro Díaz-del-Río, Susana Consuegra, Rosa Domínguez e outros. TRABAJOS DE PREHISTORIA 68, N.º 1, enero-junio 2011, pp. 99-122, ISSN 0082-5638
  2. Caro Bellido, Antonio (2008). Diccionario de términos cerámicos y de alfarería. Cádiz: Agrija Ediciones. ISBN 84-96191-07-9. 
  3. (MAGNIN: Rl, 1940, 157; ESPiNOSA, 1935, 99; HARNER, 1978, 62)
  4. "ESTUDIO DE LOS CONTEXTOS CULTURALES DE LA CUEVA DEL CAÑO ORE, EDO. BOLÍVAR, Alicia GALARRAGA, Maritza GARICOECHEA, María Gabriela MONTOTO, Franz SCARAMELLI y Kay TARBLE". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2009. Consultado o 13 de xuño de 2012. 
  5. (BATES 1962, 225; SPRUCE, 1908, I, 10, 12, 13-14, 87)
  6. (FANSHAWE, 1950, 61)
  7. (AUBLET, 1977, I, 89, 519-521)
  8. "Historia de la Cultura Material en la América Equinoccial (Tomo V), Victor Manuel Patiño". Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2009. Consultado o 13 de xuño de 2012. 
  9. (GILII, 1965, I, 236)
  10. (LATHRAP, 1970, 155, 156; NORDENSKIOLD, 1930, 8: 57; —, 1931, 9: 3; HILBERT, 1955; CARTER, 1881)
  11. (SANOJA OBEDIENTE, 1977, 399)