Saltar ao contido

Desakato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desakato
OrixeLlanera, Asturias Asturias
Período2003 - 2023
Xénero(s)punk rock
Na rede
https://desakato.es/
Facebook: desakatorock Twitter: desakatorock MySpace: desakatospace Youtube: UCw7T6-O5mQJ0dueaRThJN8Q Bandcamp: desakato Spotify: 6QEXex1iCdfguOLBPukfkm Musicbrainz: b02d0e59-b9c2-4009-9ebd-bfac7ffa0ca3 Songkick: 468725 Discogs: 4853101 Editar o valor em Wikidata

Desakato foi un grupo de punk rock procedente de Llanera, en Asturias, que, a pesar de cantar xeralmente en castelán, en todos os seus discos inclúen, polo menos, un tema en asturiano.

O grupo comeza a súa andaina en 2003 na Escuela Municipal de Música de Llanera (Asturies), coa unión dos irmáns Pablo e Pepo, despois de pasar por outros grupos da zona.[1] Un ano despois gravan a súa primeira maqueta (Agujero Social) e en 2005 publican a súa segunda maqueta (Gritando en silencio).

En 2008, gravan o seu primeiro disco (Con el viento en la cara), nos estudos La Viesta de Avilés; ó que seguirán varios máis, presentados en festivais, salas e recintos de toda a península.

En novembro de 2022, anuncian a súa retirada cunha xira de despedida para ano seguinte. A xira El año que vivimos intensamente conclúe finalmente o 11 de novembro de 2023, enchendo o WiZink Center de Madrid.

O grupo defendeu sempre a plena oficialidade da lingua asturiana.[2]

Compoñentes[editar | editar a fonte]

  • Pablo (guitarra e vocalista principal)
  • Gabri (guitarra)
  • Pepo (vocalista principal)
  • Falu (trompeta e harmónica)
  • Mario (baixo)

Outros membros:

  • Nano (membranófono e vocalista)
  • Dani (gaita e técnico de son)

Discografía[editar | editar a fonte]

Documental[editar | editar a fonte]

  • Desakato: Pacto de sangre (2016)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Desakato - Biografía, vídeos, fotos y álbumes" (en castelán). 
  2. "DESAKATO en Twitter". 3 de abril de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2023. Sofitamos la oficialidá para l'asturianu, el so espardimientu, preservación y respetu como una llingua propia y viva n'Asturies y la so reconocencia como una llingua más nel Estáu ¡Puxa Asturies! 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]