Saltar ao contido

Depresión (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Depresión (xeoloxía)

En xeomorfoloxía, unha depresión é un termo para designar a zona do relevo situada a un nivel inferior cá superficie veciña.

Características

[editar | editar a fonte]

As depresións poden ser consecuencia dun afundimento de terra que fai que a zona, ou ben se sitúe baixo o nivel do mar, por exemplo o Mar Morto (-395 m) ou o Mar Caspio (-28 m); ou ben fique dominada polos territorios veciños. Este último caso constitúeno a miúdo as depresións nas que a permeabilidade da roca e o clima permitiron a formación de lagos permanentes, como a depresión do Tarim na China, ou a Gran Cunca na zona oeste dos Estados Unidos. Tamén, en México existen depresións que están cubertas de auga, como é o caso do lago de Capala ou o lago de Pátzcuaro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]