Depresión tropical dez (2005)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Depresión tropical dez.

A depresión tropical dez foi o décimo ciclón tropical que se desenvolveu durante a tempada de furacáns no Atlántico de 2005, a cal bateu o récord de actividade até aquel intre. Formouse o 13 de agosto ó desenvolverse unha onda tropical que, o 8 de agosto, emerxeu da costa oeste de África. Como consecuencia da forta cizalla do vento, a depresión mantívose feble e non conseguiu reforzarse máis aló do status de depresión tropical. O ciclón disipouse o 14 de agosto, aínda que os seus restos contribuíron parcialmente á formación da depresión tropical doce, que finalmente se intensificou converténdose no devastador furacán Katrina que acadou a categoría 5. O ciclón non ocasionou directamente ningún efecto, ningunha vítima mortal nin dano pero, como xa quedou dito, máis tarde transformaríase no furacán Katrina e por iso se pode considerar que matou indirectamente 1 833 persoas e custou indirectamente 108 000 millóns de dólares ós Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]